De flores vai a cousa.

Como hai que cumprir co que un promete, aquí estou no meu blog para comezar a contarvos un novo traballo no que estou embarcada. Ultimamente o mundo da moda chama á miña porta, “Como mostra, un Botón”. Nesta ocasión por iniciativa propia vou mergullar eu nel. Con axuda de quen dea puntada, porque o de coser non vai moito comigo, o que non quere dicir que, de vez en cando colla unha agulla. Neste caso son demasiadas puntadas para min.

O comezo desta historia está nesta tea con tanta flor. Pois si, imos aplicar flor enriba de flor, pero de cerámica. Aquí tendes o principio en imaxes e irei contando a medida que o proceso vaia avanzando.

Follow me!

  • Facebook
  • twitter
  • Hatena

One thought on “De flores vai a cousa.

  1. Merce di:

    Que interesante!!!
    Estou ansiosa por ver o resultado
    Parabéns Mar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *