Historia dunha galleta

Esta historia comezou a amasarse aló polo ano 2011. Asistindo a un curso de marketing empecei a darlle ao miolo tentando facer unha peza de cerámica sinxela, coa que poder expresar a meirande cantidade de sentidos posibles. Buscando e buscando, non conseguía atopar cousa algunha que me convencese, até que este ano, aló polo mes de xuño, nun obradoiro do EmprendeVGA, alumeóuseme a bombilla e conseguín dar con esa peza. Unha galleta, si, pero non é unha galleta calquera.

A miña galleta é de cerámica. O seu tacto pode ser rugoso ou suave, ten son se se golpea, ten cor, coa imaxe da empresa incorporada. Pero, a característica máis impactante é o seu aroma. Si, unha galleta con aroma corporativo. Como para comela.

Pero a historia aínda non acaba aí, das primeiras galletas co meu logo e o meu aroma viñeron outras para empresas ás que se aplicaron os seus logos e os seus aromas corporativos.

E, como a miña cabeciña non para, aínda estou a darlle máis voltas, non sei ao que, pero iso será unha nova historia.

 

Follow me!

  • Facebook
  • twitter
  • Hatena

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *