Mar Barral, natural de Carril, é ceramista de profesión e educadora por vocación. Estudou maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela e desde 1995 dedícase á cerámica artesá e artística, con diferentes técnicas e estilos. Participa en exposicións colectivas e organiza cursos para nenos e nenas.

 

MarExpo2

As miñas pezas son obxectos únicos, diferentes e realizados con todo o amor e coidado que unha peza completamente feita a man merece. No proceso de creación emprego técnicas e materiais variados, o que permite unha maior liberdade e creatividade. Os meus deseños están baseados na cultura tradicional galega.

En cada pequena obra poño toda a miña enerxía e empeño, e interveño en todo o proceso creativo. O trato directo co cliente permíteme facer traballos personalizados e exclusivos segundo as súas necesidades.

O obradoiro de cerámica creativa de Mar Barral, situado en Catoira, está inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia co número 520.

Logotipo de 1995

Logotipo de 1995

.

Máis información

www.facebook.com/mb.marbarral

 

Dossier de prensa

18.02.2012 – Faro de Vigo: Para saír adiante hai que tratar de ofrecer cousas diferentes
28.10.2012 – La Voz de Galicia: Hai que reinventarse; se paras, malo
15.11.2013 – Diario de Arousa: Amigos de Galicia entrega un diploma a Mar Barral
19.07.2016 – La Voz de Galicia: A Arousa y Chrysí unidos por el arte y el medio ambiente

  • Facebook
  • twitter
  • Hatena