Historia por inventar

Queredes xogar conmigo? Se a resposta é si, adiante.DSC_6724

Hoxe naceu unha peza nova, que imos bautizar cun nome. Axudádesme?

Agora tocará contar unha pequena historia. Quen se anima?

Mañá desvelareivos o nome que eu lle puxen e a miña historia.

 


Como o prometido é débeda, aquí estou para desvelar o nome da peza e a miña historia.

Veleiro Tricolor. Un barco representado polo azul do inmenso mar, a liberdade, o laranxa da alegría e o amarelo do sol, calor e luz. Unha mensaxe positiva en toda a peza.

 

Follow me!

  • Facebook
  • twitter
  • Hatena

One thought on “Historia por inventar

  1. Merce di:

    Esta é unha historia que conta coma o sol se reflicte nas preciosas ondas do mar.

    Tarde, nun lugar da costa de Galiza. O sol aínda quenta, pero hai vento do sur. Poñamos que é o Faro Vilán, en Camariñas, lugar máxico onde os haxa.
    Miramos cara o oeste, aínda falta unha hora para que o sol desapareza polo mar. Estamos no lateral da casa do faro, sentados nos bancos de pedra mirando ao mar.
    Vense as ondas, escóitase como baten alá embaixo nas rochas. Miramos ao frente e vemos as ondas, que veñen unhas tras outras sen descanso. “Hoxe non hai moito mar” dirían os mariñeiros camariñenses, coa súa pel curtida polo sol.
    Vemos as ondiñas azuis intenso, co sol reflectíndos nelas, un sol laranxa que xa vai indo para o seu agocho. Co movemento suave, parece que temos dous sois neste lugar máxico, un laranxa intenso que se reflicte en cada onda, e outro un pouco máis amarelo co movento da onda.

    Lugar máxico onde podemos ver dous sois, exclusivos para nós, nun mar azul intenso que non acaba.
    Poucos minutos despois xa non está o sol. Marchou para outros lugares. So queda esa luz alaranxada que tanta calma dá.

    Grazas Mar Barral, por deixarme contar esta historia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *