O reloxo do Brais

Cando as cousas se torcen, non saen á primeira, nin á segunda. “Á terceira vai a vencida”. Pero, neste caso tivo que ser á cuarta.

O primeiro reloxo do Brais que fixen, partiu ao lixalo. “O meu gozo nun pozo”.

O segundo rebentou dentro do forno ao cocelo. “As présas non son boas para nada”.

O terceiro. Cuns días fermosos como estaban, xa secara o suficiente. Mais por seguridade, decidín aproveitar ao máximo todos os raíños de sol. E, nunha destas, achegouse a min o Atos para que lle dese os aloumiños e foi pousar a pata enriba do reloxo do Brais. Volveu partir.

Pero por fin, unha vez feito de novo todo o proceso, o pequeno Brais, un cativo con apenas un mes de vida,ten o seu primeiro reloxo. Un reloxo con moita historia.

Grazas Vicky, pola espera e inmensa paciencia.

DSC_6517 DSC_6601 DSC_6691 DSC_6692

 

 

Follow me!

  • Facebook
  • twitter
  • Hatena

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *